CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade quere comezar a vacinación de alumnos de 12 a 16 anos antes de iniciarse as clases

Publicado o 04/06/2021 16:27

O Ministerio de Sanidade quere comezar a campaña de vacinación de estudantes de entre 12 e 16 anos antes comezar o curso escolar. Explicouno este venres a ministra, Carolina Darias. Citaríanos para vacinalos co soro de Pfizer.

Este xoves, a ministra de Educación, Isabel Celaá, explicaba que era unha competencia de Sanidade, e que se intentaría realizar antes do inicio do curso, pero que se non era posible completar o proceso, podería poñerse os centros educativos a disposición do programa de vacinación.

Noticias web

04/06/2021