O Ministerio de Sanidade pausa o envío de vacinas ás comunidades autónomas
Publicado o 14/09/2021 12:49
Sanidade deixa de enviar vacinas ás comunidades autónomas para optimizar, din, o stock a nivel nacional. Esta pausa será temporal e os envíos retomaranse o 20 de setembro. Neste momento, as comunidades contan con algo máis de sete millóns de doses almacenadas.
O Ministerio de Sanidade apunta tamén que, pese a esta parada nos envíos, ofreceu as comunidades autónomas a posibilidade de solicitar doses en caso de que as necesiten.