CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade ofrece a posibilidade de recibir a segunda dose da vacina noutra comunidade aos que estean de vacacións

Publicado o 07/06/2021 21:24

En total, máis de 11 millóns de persoas xa teñen a pauta completa da vacina contra a covid. Alcanzouse esta cifra, tras rexistrar un novo récord de vacinación ao administrarse, por primeira vez durante a fin de semana máis dun millón duascentas mil vacinas. Sanidade ofrece a posibilidade de recibir a segunda dose noutra comunidade aos que estean de vacacións para evitar atrasos excesivos.

"Existe a opción de poñer a dose noutra comunidade autónoma. Si que é certo que é importante para iso que as persoas, se é posible, fagan a súa tarxeta de desprazamento para as vacacións para que poida facerse o rexistro de forma axeitada e que poida accederse aos datos da súa vacinación previa na comunidade autónoma de destino", Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.

Noticias web

07/06/2021