CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade notifica 14.004 novos casos tras un reaxuste en Cataluña

Publicado o 10/06/2021 19:31
O Ministerio de Sanidade notifica 14.004 novos casos tras un reaxuste en Cataluña
EUROPA PRESS

O Ministerio de Sanidade rexistrou este xoves, tras un reaxuste na base de datos de Cataluña, 14.004 novos casos de coronavirus, dos que 2.012  foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 2.160 rexistrados o mércores, o que eleva a 3.729.458 a cifra total de persoas contaxiadas de covid-19 desde o inicio da pandemia.    

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose, situándose nos 110,35 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 111,91 notificado onte polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

En canto aos falecidos por covid-19, notificáronse 133 máis, dos cales 117 se rexistraron na última semana. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España se eleve ás 80.465 persoas.

Actualmente hai 3.566 pacientes ingresados por covid-19 en toda España e 1.005 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 377 ingresos e 490 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 2,88 por cento e nas UCI no 10,51 por cento.

Noticias web

10/06/2021