O Ministerio asegura que non rexistra novas mortes por segundo día consecutivo
• Simón, sobre as discrepancias nos datos, di que Sanidade dá os que lle facilitan as comunidades autónomas
O Ministerio de Sanidade non informou de ningunha morte con COVID-19 nas últimas 24 horas, o cal supón que é o segundo día consecutivo en que non se rexistra ningunha defunción.
O número total de falecementos séguese situando en 27.127. Deles, 34 producíronse no últimos sete días e a súa repartición por comunidades é a seguinte:
· 1 localízase en Andalucía
· 2 en Aragón
· 2 en Asturias
· 1 nas Canarias
· 6 en Castela e León
· 9 en Cataluña
· 3 na Comunidade Valenciana
· 5 en Estremadura
· 2 en Galicia
· 1 no País Vasco
· 2 na Rioxa
Con todo, produciuse un incremento no número de casos diagnosticados, con 137, fronte aos 71 que se detectaron onte. O total elévase xa a 239.932 desde o inicio da pandemia.
Nos últimos 14 días, 955 persoas iniciaron síntomas, das que 247 enfermaron na última semana.
Os 137 novos positivos localízanse en:
· Andalucía (doce)
· Aragón (oito)
· Baleares (un)
· Canarias (catro)
· Cantabria (dous)
· Cataluña (17)
· Ceuta (nove)
· Comunidade Valenciana (un)
· Estremadura (catro)
· Madrid (73)
· Melilla (un)
· Murcia (dous)
· Navarra (un)
· País Vasco (un)
· A Rioxa (un)
Ademais, producíronse 243 hospitalizacións na última semana (123.974 en total):
· 10 en Andalucía
· 12 en Aragón
· 7 en Asturias
· 1 nas Baleares
· 4 nas Canarias
· 4 en Cantabria
· 20 en Castela-A Mancha
· 38 en Castela e León
· 38 en Cataluña
· 2 en Ceuta
· 4 en Comunidade Valenciana
· 7 en Estremadura
· 6 en Galicia
· 73 en Madrid
· 3 en Murcia
· 3 en Navarra
· 9 no País Vasco
· 2 na Rioxa
Tamén se produciron 11 ingresos en unidades de coidados intensivos (11.413 en total):
· Un en Andalucía
· Un nas Canarias
· Catro en Castela-A Mancha
· Tres en Castela e León
· Un en Madrid
· Un en Navarra
Simón, sobre as discrepancias nos datos, di que Sanidade dá os que lle facilitan as comunidades autónomas
Volven subir de cen os novos diagnósticos de coronavirus, pero, por segundo día consecutivo, Sanidade non rexistra ningún novo falecemento por covid-19 en España. Pode haber mortes de antes que se notifican agora, pero aínda asi, Sanidade considera anormal que a estas alturas haxa discrepancias entre os datos do ministerio e os das consellerías.
"Estamos agora verificando que pode pasar porque o certo é que non é moi lóxica esta discrepancia entre o dato que fai a comunidade autónoma e o que ofrecemos nós porque ao cabo usamos os datos que nos envían", dixo o doutor Simón.
Simón di que as mortes son dramas familiares e sociais, pero que para saber como evoluciona a epidemia agora é máis importante diagnosticar rápido e atallar as posibles cadeas de transmisión.
"Isto é o que nos interesa, saber se temos xente perdida que está transmitindo cando non queremos que o faga", insiste o responsable do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.
E advirte que a apertura do turismo terá riscos porque moitos países, incluso europeos, están lonxe de ter controlada a pandemia; "Por agora imos ben, pero, a medida que imos abrindo as restricións á mobilidade das persoas e incentivando que volvan os turistas a España temos que ter moito coidado".
Simón non quixo entrar no papel protagonista que adquirirán os gobernos autonómicos na fase 3 da desescalada, pero dixo que no plano técnico as comunidades teñen capacidade suficiente para tomar decisións.