CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade estuda prohibir completamente o tabaco nas terrazas

Publicado o 08/10/2021 16:08

A covid abriu o camiño para limitar o fume de tabaco nas terrazas. En Galicia xa non se pode fumar na rúa sen deixar unha distancia mínima de dous metros.

Agora o Ministerio de Sanidade estuda prohibir completamente o tabaco nas terrazas de toda España, e tamén nos recintos deportivos, como adiantou a ministra de Sanidade, aínda que sexa ao aire libre. Tamén analiza se veta o fume do tabaco no interior dos vehículos.

Fumar nas terrazas dos bares podería ter os días contados. O Ministerio de Sanidade avalía a posibilidade de reformar a Lei antitabaco.

Os hostaleiros pensan que a medida seguirá castigando o sector.

Non se poderá fumar mentres se toma café nestas mesas nin tampouco nos recintos deportivos, aínda que estean ao aire libre, tampouco dentro dos vehículos.

Considera que os espazos libres de fume deben de ser unha medida imprescindible para controlar a covid e non só iso, din o fundamental é antepoñer ante todo a saúde. Tamén teñen en mente subir o prezo do tabaco.





 

Noticias web

08/10/2021