CRTVG

Buscar

O Ministerio de Consumo publica unha guía para a compra de máscaras

Publicado o 03/05/2020 22:02

A máscara de protección, obrigatoria no transporte público e no desempeño de moitos traballos, é recomendada tamén noutros moitos espazos para afrontar a desescalada. Pero que tipo é a máis aconsellable para cada situación persoal?

O Ministerio de Consumo suxire que as persoas sas e sen contacto co virus utilicen as mascaras hixiénicas, compostas dunha ou varias capas de material téxtil. Poden ser reutilizables ou non. Para as persoas contaxiadas, con síntomas ou sen eles, aconsella o uso das cirúrxicas, que contan cun mecanismo que permite cinguila sobre o nariz a boca e o queixo. A súa duración depende do fabricante. Non se recomenda usala durante máis de catro horas.

As de tipo EPI, son as recomendadas só para as persoas en contacto co virus, así como para grupos vulnerables e sempre con prescrición médica. A guía publicada por Consumo di que para pór a máscara debemos empezar por lavar as mans.

Desaconsella limpalas no microondas ou darlles a volta, porque non son reversibles.
Lembra tamén que para os nenos a partir dos tres anos existen máscaras hixiénicas con talles por idades.

Noticias web

03/05/2020