O meu concello ten máis ou menos de 5.000 habitantes? Consúltao aquí
Publicado o 01/05/2020 15:14
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou esta tarde nunha conferencia de prensa a pauta horaria a seguir a partir do sábado, 2 de maio. Establécense así tres franxas horarias para que non coincidan os paseos de maiores, adultos e menores.
Porén, os concellos con menos de 5.000 habitantes non deberán aplicar estas restricións horarias, "polas súas características". Está o teu municipio nesta lista?
Hai 113 concellos que superan os 5.000 residentes. Cerceda con 5.001, segundo o padrón municipal do 2019, pecha a táboa. Pouco máis de 15% dos galegos viven en concellos de menos de 5.000 habitantes.