CRTVG

Buscar

O mes de novembro foi o máis caloroso en 30 anos

Publicado o 07/12/2020 15:30

Este novembro é o cuarto mes en que máis se desviaron os valores da temperatura media no mundo nos últimos 30 anos. Segundo o rexistro de temperaturas do boletín estatístico europeo sobre o cambio climático, a temperatura global de novembro foi 0,77 graos máis elevada que a media dese mes no período 1981-2010 que é o que se toma como referencia.

En Europa, a temperatura foi 0,2 graos superior á de novembro de 2015, que ata o de agora constaba como o de máis calor para ese mes do ano. Se se compara coa media dos últimos 30 anos, foi 2,2 graos superior.

Os rexistros de novembro en Galicia van en liña coa media europea. En xeral a temperatura estivo dous graos por riba dos valores de referencia. Segundo os datos de Meteogalicia, amais de anormalmente caloroso, novembro foi tamén, inusualmente seco.

Noticias web

07/12/2020