O mercado medieval anima o San Froilán
Publicado o 12/10/2019 14:51
Unha aguia é a encargada de traer o pregón co que comeza a feira medieval de Lugo, que se organiza desde hai vinte anos. Situada no adro da catedral, enmárcase dentro das festas de San Froilán e nela pódense ver desde artesáns a postos de doces.
Bailarinas exóticas e romances de cego ambientan o mercado medieval, no que tampouco falta un menciñeiro que asegura que o cura todo e mesmo unha misa oficiada en latín.
As festas despídense oficialmente esta noite, logo dunha xornada de música e troula por toda a cidade.