CRTVG

Buscar

O mercado de Nadal de Vigo conta con 60 postos de artesanía, alimentación e hostalería

Publicado o 29/11/2019 19:31

Entre os múltiples atractivos que ofrece Vigo para as festas está o mercado de Nadal, que conta con 60 postos de artesanía, alimentación especializada e hostalería.

Vigo vive un mes por diante do resto do mundo. Nas rúas xa se cantan panxoliñas e o mercado de Nadal está a pleno rendemento. Na alameda, a carón da nora, aspira a competir cos tradicionais mercados de Alemaña e conta con 60 postos de alimentación, agasallos, e postos para os máis lambóns. Os turistas están a enchelo.

Este Nadal xa ten merchandising propio: dende os botes de neve de Vigo ás camisetas dedicadas aos 10 millóns de leds.

Un dos regalos máis vendidos son as noras en miniatura, que compiten co xigante que preside a praza e que está a ser unha das principais atraccións deste prenadal vigués.
 

Noticias web

29/11/2019