Ingresa nun centro de menores o rapaz que supostamente agrediu unha amiga no Carballiño
Ingresou no centro de menores de Montealegre, en Ourense, o rapaz que deixou malferida a súa amiga, tamén menor, hai un mes no Carballiño. Despois ser golpeada cunha barra de ferro na cabeza, a moza caeu á rúa desde unha segunda planta. Pese a todo saíu xa de reanimación.
A Xunta asumiu a tutela do menor, e ordenou o seu ingreso no centro de menores de Montealegre, en Ourense. Aí hai rapaces de entre doce e dezasete anos con problemas de conduta, pero que non están privados de liberdade nin pesan sobre deles medidas xudiciais.
Neste caso, o rapaz, de trece anos, é iniminputable, xa que a lei fixa o límite nos catorce anos. A familia da vítima promove unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar un cambio na lexislación. Levan máis de once mil.
A vítima e o presunto agresor son veciños da vila. Alí sucederon os feitos, o pasado mes de setembro. O rapaz, segundo recoñeceu, quería saber que se sentía ao matar unha persoa. Golpeouna na cabeza cunha barra de ferro.
A adolescente acabou caendo dende o balcón da casa do rapaz, nunha segunda planta. Dende aquela, loita pola vida no hospital, onde fixo catorce anos. Quedaranlle secuelas neurolóxicas e de mobilidade.