CRTVG

Buscar

O menor de tres anos de Santiago foi, presuntamente, esganado polo seu tío

Publicado o 04/05/2021 15:20

O 21 de setembro de 2020 sobre as oito da tarde, un axente fóra de servizo escoitou berros dentro dunha casa mentres paseaba pola rúa Loureiro no barrio de Santa Clara, en Santiago de Compostela. No interior, un home de 39 anos asfixiara, presuntamente, o seu sobriño de 3, cando ambos os dous estaban no domicilio familiar. Cando chegaron os reforzos, xa non se puido facer nada por salvar a vida do pequeno.

Nun primeiro momento as hipóteses apuntaban a que o tío do menor sufrira unha crise psicótica e por iso, tras o sucedido, foi ingresado na unidade de psiquiatría do Hospital Provincial de Santiago ata que, en outubro, a titular do Xulgado Número 1 de Santiago decretaba prisión comunicada e sen fianza en condición de investigado. Foi trasladado ao cárcere de Teixeiro, onde continúa detido e baixo tratamento médico, á espera de que se celebre o xuízo.