CRTVG

Buscar

O Melillero, xulgado tamén por agredir outra muller en 2016

Publicado o 27/01/2021 14:52
O Melillero, xulgado tamén por agredir outra muller en 2016

O Melillero, suposto autor do ataque con ácido a exnoiva e outra muller en Cártama, Málaga, declarou hoxe no xulgado por ese delito e por outro tamén de violencia machista cunha parella anterior.

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Málaga ratificou a prisión provisional sen fianza polos dous intentos de asasinato co ácido.

Pola agresión á outra exparella, coa que ten un fillo, o fiscal pide para el dous anos e medio de cadea. Está acusado de pegarlle unha puñada, tirala ao chan, agarrala polo pelo e arrastrala polas escaleiras dunha discoteca de Marbella en 2016.

Noticias web

27/01/2021