CRTVG

Buscar

O medo a morrer por covid-19 redúcese á metade, segundo unha enquisa do CIS

Publicado o 05/03/2021 20:37

O 23,4 por cento dos españois recoñece que durante a pandemia sentiu "moito ou bastante medo" a falecer por coronavirus, segundo unha enquisa que publica este xoves o CIS e que rebaixa a menos da metade a porcentaxe que en novembro sentía o mesmo, e que entón era do 58,4 por cento.

A enquisa sobre saúde mental en pandemia do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que se realizou entre o 19 e o 25 de febreiro, tamén desvela que o 68,6 por cento dos españois padeceu "moito ou bastante medo" ante a posibilidade de morte dun familiar ou ser querido mentres que un 72,3 por cento sentiu esa mesma preocupación ante o medo para contaxiar a súa contorna máis próxima.

A enquisa, elaborada sobre unha mostra de 3.083 entrevistas, revela que un 35,1 por cento dos españois chorou pola situación pandémica e respecto ao medo á morte por covid a franxa de idade que máis se identifica sitúase entre os 55 e 64 anos, onde se dan o 26,2 por cento das respostas. 

Os enquisados admiten que a pandemia supuxo cambios nos menores e ata un 72,7 por cento di que os seus fillos ou netos sufriron "cambios de humor", un 78,6 por cento "cambios nos hábitos de vida" e un 30,4 por cento, modificacións no sono.

Noticias web

05/03/2021