CRTVG

Buscar

O Mecalia Atl. Guardés abre a liga cun triunfo en Valladolid

Publicado o 11/09/2021 12:02

Estrea con vitoria para o Guardés na liga feminina de balonmán.

As galegas estréaronse cun triunfo en Valladolid 26-30 nun partido que tiveron controlado en todo momento. Paula Arcos, con nove goles, colleu o mando no ataque e esnaquizou á defensa local.

Demostrouse así que as pretemporadas serven para acoplar o equipo e que as malas sensacións que deixou a preparación esvaeceron de golpe ao comezar o importante.

Hoxe debuta o outro equipo galego feminino da elite do balonmán, o Balonmán Porriño, que recibe ao Zuazo.

Noticias web

11/09/2021