CRTVG

Buscar

O matrimonio de Denis co Celta semella ter data de caducidade

Publicado o 08/10/2021 15:18

• "O que dixo Mouriño é respectable, el é o dono do club"

• "Estou centrado en facer unha boa temporada e a final de ano xa veremos"

 

 

Se queremos falar do futuro de Denis Suárez, tiñamos que lembrarlle estas palabras do presidente Carlos Mouriño hai dous meses:

"Denis sabe que se segue con ese representante nós nunca imos negociar un contrato con el".

Daquela, preguntámoslle a Denis Suárez:

-Félix Gende seguirá sendo o teu representante? "Si" .

O contrato de Denis Suárez remata no 2023. A postura do club: non renovarlle e que a vindeira temporada estea na bancada.

"Iso son cousas que non se sabe se pasarán ou non", di Denis.

Tiramos de videoteca:

"Cando un xogador no último ano de contrato non renova ten moi difícil xogar no Celta", dicía Mouriño

"A min quédame este ano e outro máis e estou centrado en facer unha boa temporada e ao final xa veremos", responde Denis.

Denis escoita a Mouriño e saca un sorriso irónico

"É respectable, el ao final é o dono do club e ten as súas decisións. Con respecto ao que dixo, xa se verá".

Xa se verá pero apunta a que o vencello Celta-Denis Suárez rachará a finais de temporada. Son as voltas da vida. Hai unha década daquel momento en que o club estaba nunha situación económica moi delicada e, para ingresar un traspaso dun millón de euros, meteulle presión a un futbolista de 17 anos para que marchase de Vigo e fichase polo City.

 

Noticias web

08/10/2021