CRTVG

Buscar

O masacre de nove mozos prende as alarmas nunha Colombia inmersa nunha espiral de violencia

Publicado o 16/08/2020 23:30

A matanza de nove mozos sucedeu o sábado, cando o grupo estaba reunido nunha casa de campo no departamento de Nariño, ata onde chegaron homes armados que lles dispararon. Horas antes tamén morreu outra adolescente asasinada a tiros na mesma zona, crime que se suma ao dos oito rapaces.

Hai uns días Colombia foi sacudida polo asasinato doutros cinco adolescentes en Cali. Témese que sexan o branco dunha violencia sen límites impulsada por economías ilegais como o narcotráfico.

Noticias web

16/08/2020