CRTVG

Buscar

O Marisquiño prepara a edición deste verán, que intentarán que sexa o máis parecido á normalidade

Publicado o 26/04/2021 17:11

En Vigo, catro meses antes da súa celebración, O Marisquiño avanza nos preparativos dunha edición que será moi distinta. Desde a organización do festival de cultura urbana, referente a nivel europeo, din que intentarán que sexa o máis parecido á normalidade, pero inevitablemente as medidas sanitarias marcarán o evento.

Trátase dun festival multitudinario que en anteriores anos chegou a congregar máis de 160.000 persoas e que este ano estará condicionado polas restricións sanitarias da pandemia, polo que vai quedar limitado a tres espazos burbulla. Un deles, esta explanada diante do Club Náutico de Vigo, onde terá lugar a disciplina de sakate.

O evento conta co apoio das tres administracións implicadas: Concello, Porto de Vigo e Xunta, que aumenta nun 70 por cento a súa contribución a través dun convenio que se asinou esta mañá na Delegación Territorial da Xunta. Con esta sinatura, o Goberno galego di que quere refrendar o seu compromiso co evento e apoia a súa celebración para os próximos tres anos en Vigo.

Nesta edición as restriccións sanitarias impoñen os límites. Non veremos as bancadas ateigadas de xente nin haberá programación musical e os espazos quedarán reducidos a tres zonas da cidade. Eso sí poderemos gozar dunha gran variedade de disciplinas de deporte urbano.

Tras o parón do ano pasado hai moitas gañas de que o deporte urbano volva ás rúas viguesas.

Concello e deputación tamén apoian a que xa é a maior cita de deporte e arte urbano de Europa cunha aportación de cincocentos mil euros. O Marisquiño celebrárase o próximo mes de agosto.


 

Noticias web

26/04/2021