CRTVG

Buscar

O marido da falecida tivo que ser trasladado ao hospital cun ataque de ansiedade

Publicado o 04/10/2021 14:17

Amais dunha vítima mortal a caída da árbore na alameda de Mondariz-Balneario deixou varios feridos, o máis grave tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Trátase do marido da falecida, Manuel Fernández Outerelo, de 67 anos, excandidato do PSOE no concello veciño de Mondariz.

No momento do suceso estaba sentado cara ao sur do escenario vendo o concerto nunhas escaleiras xunto á súa muller, a vítima mortal, Josefa Agulla. O home recibiu un forte golpe nas costas, e sufriu un ataque de ansiedade, polo que tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde segue ingresado, e evoluciona favorablemente.

O resto dos feridos, un deles a cantante do espectáculo, Andrea Pousa, á que golpeou unha póla da árbore, non precisaron hospitalización e recupéranse nas súas casas.    

 

Noticias web

04/10/2021