CRTVG

Buscar

O mallorquinista Dani Rodríguez pide garantías na volta á actividade

Publicado o 25/04/2020 14:37
O betanceiro asegura que o fútbol non é unha profesión esencial

Un dos principais perxudicados polo parón da Liga foi o Mallorca, cunha soa derrota nos catro últimos partidos. E, sen dúbida, un dos homes máis en forma dos baleares estaba a ser o betanceiro Dani Rodríguez, autor de cinco goles esta temporada. O xogador galego quere volve pero con garantías.

Dani Rodríguez. R.C.D. Mallorca. "Espero que volva cando as autoridades digan que é absolutamente seguro e que non haxa ningún risco para ningún dos fútbolistas porque tamén somos persoas e parece que estamos á marxe de todo esto."

Dani amósase sorprendido con todo o que se está a comentar nas últimas semanas co retorno a actividade sen ter en conta aos futbolistas.

Dani Rodríguez. R.C.D. Mallorca. "O fútbol é unha profesión non esencial para a vida da xente, e a verdade é que estanse lendo e escoitando moitas cousas que non teñen moito sentido, pero bueno, eu espero que o antes posible podamos voltar, podamos volver a xogar sobre todo dunha maneira segura e que non haxa ningún risco."

De tódolos xeitos, Dani non ten tempo para aburrirse.

Dani Rodríguez. R.C.D. Mallorca. "A verdade é que estamos moi entretidos, temos tres nenos e non paran, a verdade é que son días moi longos".

Malia toda a incerteza que rodea ao Campionato, o xogador mallorquinista está preparado para un final de temporada á carreira.

Noticias web

25/04/2020