CRTVG

Buscar

O mal tempo trunca os plans dos turistas que visitan Galicia

Publicado o 05/07/2021 21:22

Despois de pagar elevados alugueiros por unha semana, unha quincena ou un mes o que menos desexaban os veraneantes que chegan as nosas vilas máis turísticas coma esta de Sanxenxo é aturar varios días de mala climatoloxía que lles poden estragar parte dos plans vacacionais. Pero así foi e hoxe tocou de novo coller o paraugas en boa parte de Galicia.

Mala sorte coa que moitos xa contan e que pode suceder nas Rías Baixas aunque de xeito pouco habitual nestas datas. Nestes casos moitos deciden aproveitar para visitar os arredores, Santiago ou facer turismo cultural ou gastronómico

Por sorte para todos, hostaleiros e turistas, a previsión e que a partir de metade desta semana volva o tempo solleiro e se poida disfrutar tamén das terrazas e das praias.

Noticias web

05/07/2021