CRTVG

Buscar

O mal tempo inflúe nas reservas e cancelacións de xullo

Publicado o 26/07/2021 21:21

Despois de moitos días volveu o sol ás Rías Baixas, onde levaban moito tempo sen apenas velo, e esa situación influíu moito no sector hoteleiro.

Os turistas buscan en Galicia algo máis que sol e praia, incluso agradecen os días frescos. Aínda así, a confirmación de reservas nos hoteis crece se o bo tempo acompaña, pero iso non aconteceu en moitos días do mes de xullo.

A pesar de que a covid−19 pareceu aliarse co mal tempo, din os hostaleiros que as reservas foron máis que as cancelacións e que os clientes se senten seguros cando chegan aos seus establecementos. Por iso din que se a covid−19 dá un respiro e o tempo mellora, as previsións son optimistas.

Son as expectativas dos hostaleiros coa esperanza de baixar canto antes da quinta vaga da covid−19 e de que no ceo galego brille o sol o resto do verán 

Noticias web

26/07/2021