CRTVG

Buscar

O mal tempo adía a misión de SpaceX á Estación Espacial Internacional

Publicado o 27/05/2020 23:02
O mal tempo adía a misión de SpaceX á Estación Espacial Internacional

O lanzamento da primeira misión tripulada da nave Crew Dragon de Space X para a NASA, primeira desde chan estadounidense desde 2011, prevista para este 27 de maio, foi cancelado minutos antes da engalaxe debido ao mal tempo reinante no Centro Espacial Kennedy en Cabo Cañaveral, Florida.

O administrador da NASA, Kim Bridenstine, informou ademais na súa conta de Twitter que se decidiu o aprazamento da engalaxe porque a seguridade dos dous tripulantes da nave con destino á Estación Espacial Internacional, Douglas Harley e Robert Behnken, é a priincipal prioridade na misión.

Ambos estaban xa instalados na cápsula cumprindo os procedementos previos á engalaxe cando a só 16 minutos foron informados de que o lanzamento debía pospoñerse por mor das condicións meteorolóxicas adversas.

A próxima oportunidade de lanzamento preséntase a partir das 19:22 UTC do sábado 30 de maio.