CRTVG

Buscar

O mal estado do Tartiere, protagonista do Oviedo - Lugo do luns

Publicado o 13/02/2021 14:07

Este é o aspecto que presentaba o Carlos Tartiere no encontro co Mallorca...

Enlamado e con moitas calvas, circunstancias que dificultan o xogo combinativo.

Nafti, con todo, non semella preocupado e asegura que non lles vai afectar á hora de afrontar o choque.

Mehdi Nafti, adestrador do C. D. Lugo: "A nós o terreo de xogo non nos condiciona moito porque estamos a adestrar todos os días nun campo complicado".

O Oviedo está a traballar para arranxar o problema.

Pero Borja Domínguez, que xogou unha temporada alí, sabe co que se van atopar e que tipo de partido os agarda.

Borja Domínguez, C. D. Lugo: "Ten as bandas que son prácticamente lodo. Sabemos que o balón vai ter que ir por arriba e será un partido máis de xogo directo. Agardo que nos acomodemos á situación e poidamos sacar un bo resultado".

Precisamente, o Carlos Tartiere é un dos campos que mellor se lle dá ao Lugo, onde puntuou en cinco das súas seis visitas. A última, a temporada anterior, na que empatou no tempo engadido cun gol de Cristian Herrera.

Noticias web

13/02/2021