CRTVG

Buscar

O maior castigo da historia do deporte: catro anos de sanción a Rusia

Publicado o 09/12/2019 19:51

En Toquio repetirase esta imaxe dos últimos Xogos Olímpicos de Inverno. Os deportistas rusos que demostren que están limpos competirán baixo a bandeira olímpica. No maior castigo da historia do deporte, a Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) acusa a Rusia de manipular a base de datos do laboratorio de Moscova. Non se pode comprobar se a metade dos case 300 deportistas rusos sospeitosos, saltaron as regras antidopaxe entre 2012 e 2015. A AMA cre que Rusia intentou cubrir posibles positivos e que, malia as oportunidades que se lle deu para poñer todo en orde, escolleu seguir enganando e negando as irregularidades.

Rusia pode apelar, pero a AMA advertiu que se atrasa deliberadamente a decisión para que non afecte os Xogos de Toquio, comprometería a participación dos seus deportistas nos Xogos de París en 2024.

Nas grandes competicións nin ondeará a bandeira rusa nin soará o himno. Sempre lles quedará a posibilidade de cantalo a capela, como fixeron os campións olímpicos de hóckey sobre xeo.


 

Noticias web

09/12/2019