O Magnolia Campobasso será o rival do Ensino na Eurocupwomen
Publicado o 19/08/2021 16:24
O Durán Maquina Ensino xa ten rival na súa aventura europea. As luguesas mediranse co Magnolia Campobasso de Italia na fase previa da EurocupWomen.
O partido de ida, o 23 de setembro, en terras italianas. A resolución, unha semana despois, será en Lugo. Quen supere esta eliminatoria entrará na fase de grupos desta Eurocup.
Miguel Ángel Ortega, adestrador do Ensino: "Descoñecemos aínda se o rival cambiou moito o equipo do ano pasado; pero a condición física e a actitude do equipo son excelentes"