CRTVG

Buscar

O luns co prezo da luz máis caro da historia: 249 euros o MWh

Publicado o 04/10/2021 10:25

O prezo da luz volve subir e marcará hoxe o luns máis caro da historia. Subirá, mo mercado almacenista, un 67 por cento respecto ao rexistrado o pasado venres.

Despois do descenso rexistrado o sábado e o domingo pola menor demanda, o prezo da electricidade retoma a tendencia á alza despois de rexistrar o pasado venres o nivel máis caro que nunca.

O prezo máis alto este luns darase entre as oito e as nove da tarde, cando alcanzará os 249 euros por megawatts á hora.

Noticias web

04/10/2021