CRTVG

Buscar

O lume arrasa viñedos e soutos en Monterrei

Publicado o 27/07/2020 14:25

Na adega Crego e Monaguillo, a máis grande de Monterrei e a máis prexudicada, avalían hoxe os viñedos que estragou o lume.

Calculan que, de 100 hectáreas que teñen cultivadas, 4 quedaron abrasadas en maior ou menor medida. Nunha primeira estimación, as perdas superarían os 10.000 euros só nesta adega da Denominación de Orixe de Monterrei.

Co do viño, o sector máis devastado neste gran incendio forestal de Flariz é o da castaña. O incendio chegou a soutos acabados de plantar e a outros centenarios. Mínimo 200 árbores lle levaron por diante as lapas a este novo produtor.

Das 720 hectáreas arrasadas, segundo os últimos datos do Medio Rural, 270 son agrícolas.

No Consello Regulador están a valorar os danos na DO de Monterrei, pero calculan serán cuantiosos. O incendio de Flariz, malia que estable, aínda non está controlado. E ás perdas económicas no agro hai que sumar as incalculables ecolóxicas e forestais.

Noticias web

27/07/2020