CRTVG

Buscar

O lume arrasa un almacén con cinco millóns de quilos de froita en Mérida

Publicado o 27/08/2021 09:00

En Estremadura, o incendio nun almacén de froitas obrigou a desaloxar onte á tarde 300 traballadores e os residentes nas vivendas máis próximas.

Sospéitase que a orixe estivo nun curtocircuíto. O lume afectou a nave da central El Escobar, situada entre as localidades de Calamonte e Arroyo de San Serván, en Mérida.

O incendio xerou unha gran columna de fume negro e durante esta noite traballaron para extinguilo uns trinta bombeiros. O lume estragou a nave, centos de caixas de plástico e máis de cinco millóns de quilos de froita.

Noticias web

27/08/2021