CRTVG

Buscar

O lume arrasa tres vivendas na Pastoriza e os bombeiros evitan que vaia a máis

Publicado o 03/10/2020 21:34

Esta tarde arderon tres vivendas na Pastoriza por mor dun incendio na parroquia de Regueira, no lugar das Carreiras. Cando prendeu o lume había xente nas casas, pero puideron saír a tempo e non houbo feridos. Tamén puideron poñer a salvo os animais que había no interior das edificacións.

Había unha lareira acendida e a garda Civil investiga a orixe do lume. Grazas á actuación dos bombeiros de Vilalba púidose evitar que o lume se propagase a unha cuarta vivenda que hai pegada a estas casas e que non chegou a arder.

 

Noticias web

03/10/2020