O Lugo volve aos adestramentos sen Iriome e Alende, pero co inminente regreso do Puma
Publicado o 28/12/2020 09:00
Na segunda División si que houbo unha parada pequena. O Lugo non volve xogar ata o catro de xaneiro, cando recibe o Sporting. Así que os xogadores de Nafti tiveron unhas breves vacacións, moi necesarias, segundo o propio técnico. E, como corresponde, esta tarde pasan probas PCR para comezar cos adestramentos mañá. O Lugo retoma a competición xusto na metade da táboa, con 26 puntos.
Iriome está mancado nos isquiotibiais e Alende non acaba de recuperarse dun problema no sóleo. Pola contra, o Puma Rodríguez xa está no treito final da súa recuperación.