CRTVG

Buscar

O Lugo volve gañar despois de 16 partidos con dous penaltis de Barreiro

Publicado o 15/05/2021 21:37
Barreiro remontou desde os 11 metros nos minuto 87 e 92. O Mirandés marcara nos últimos instantes do primeiro tempo.

Tiveron que pasar dezasete partidos para que o Lugo volvera ó camiño da vitoria. Foi con sufrimento e logo dunha remontada que o mantén con vida.

O triunfo chegou logo dunha mala primeira metade na que apenas creou perigo.

E na que se adiantou o Mirandés a cinco minutos do descanso logo dun erro defensivo que aproveita Pablo Martínez para
marcar o seu terceiro tanto da temporada.

Tralo descanso, Rubén Albés deu entrada no campo a Borja Domínguez e o Puma Rodríguez por El Hacen e Seoane.

Os trocos déronlle un novo aire ó equipo que contou de saída con dúas oportunidades para empatar o partido en remates do Puma Rodríguez e de Valentín.

Valentín tentabao por tódolos medios, ata o punto de levar a confusión ó colexiado que sinalou penalti nesta caída ante Javi Jiménez anulado posteriormente tras consultar co VAR.

Logo desta xogada o Mirandés recuperou o control do xogo e puido aumentar a súa vantaxe en remates de Jirka e Javi Muñoz detidas por Cantero.

O encontro semellaba claramente decantado do lado burgalés que, nese momento triplicaba en remates ó rival. Cinco por parte lucense fronte a quince do Mirandés.

Cando todo parecía sentenciado e a falta de dez minutos para o final Rubén Albés deu entrada a Chris Ramos no lugar de Campabadal e o dianteiro cambiou o curso do partido.

Nada máis entrar provoca penalti por agarrón de Javi Muñóz que transforma Manu Barreiro. Era o minuto 87.

Tres despois, este balón colgado sobre a cabeza do propio Chris Ramos remata en penalte de Lizoain, previa consulta co VAR do colexiado Ais Reig. Manu Barreiro volvía asumir a responsabilidade e sumaba o seu undécimo gol da temporada. sete deles desde os once metros.

Tres meses e tres semanas despois, o Lugo volvía cantar vitoria.


 

Noticias web

15/05/2021