CRTVG

Buscar

O Lugo visita o líder no medio da súa peor xeira en Segunda

Publicado o 10/04/2021 14:59

O Lugo atravesa a peor xeira da súa historia na Segunda división nunha mesma temporada.

Leva once partidos sen gañar, nos que sumou cinco de 33 puntos en xogo e só marcou dous goles nos seis últimos partidos.

Todos estes números deixano como o peor equipo do ano

Para os xogadores, as causas desta crise son diversas.

Frederico Venancio. C.D. Lugo. "Eu creo que é unha situación mental".

Chris Ramos. C.D. Lugo. "Estamos nesa racha na que a pelota non quere entrar".

Diego Alende. C.D. Lugo. "É certo que vimos dunha dinámica mala de resultados, ó final, queras ou non, na cabeza sempre está ahí, pero son dos que pensa que non estamos en postos de descenso, hai equipos que están moito peor ca nós".

Luis César, que aínda non gañou desde a súa chegada ó banquiño lucense, tenta quitarlle transcendencia a esta crise de resultados considerándoa coma parte do fútbol.

Luis César. Adestrador do C.D. Lugo. "Na miña traxectoria hai rachas malas, moito peor ca esta, e outras rachas moi boas, esto é así, nunha liga coma esta pasan estas cousas, lembro no Rácing de Ferrol cando empecei estiven dezasete xornadas sen gañar e catorce sen perder, este mundo é así".

Tres meses e medio despois desta última vitoria ante o Tenerife, o Lugo busca en Mallorca saír dunha situación embarazosa.


 

Noticias web

10/04/2021