CRTVG

Buscar

O Lugo suma seis xornadas sen perder e deixa moi tocado un rival directo

Publicado o 14/06/2020 14:58

A influencia de El Hacen no encontro fíxose evidente tras o gol de Cejudo no minuto once. Un tanto magnífico na creación e aínda máis na execución do cordobés, autor do seu noveno gol no campionato. O mauritanto exerceu de líder levando o equipo cara arriba. Seu foi o primeiro disparo do Lugo entre os tres paus ao fío do descanso.

Pero antes, xa provocara o primeiro cartón amarelo de Manu Hernando. A amoestación condicionou o xogador e traería consecuencias decisivas no minuto cincuenta e sete, cando logo dunha falta a Valentín acabou sendo expulsado. E no lanzamento desa falta, El Hacen volveu aparecer para empatar o partido cunha magnífica cabezada. Este tanto provocou o enfado de Oltra cos seus xogadores. Pola expulsión e polo gol.

Co un a un, o Lugo foi arriba e Jaime Seoane estivo a piques de marcar nun disparo que tropezou no pau. Foi pouco antes de que Pita dera a vitoria aos tres minuto de entrar no campo. Un tanto anulado inicialmente por Ocón Arraiz por considerar que Josete fora o último en tocar. Curro Torres estaba feliz.

Noticias web

14/06/2020