CRTVG

Buscar

O Lugo somete o líder Cádiz, que sae con vida do Anxo Carro (1-1)

Publicado o 07/03/2020 12:23

O Lugo mereceu mellor sorte diante do líder Cádiz, o que someteu durante moitos minutos e con grandes oportunidades no treito final do partido, sobre todo un lanzamento de Pita ao traveseiro. O equipo gaditano tivo que xogar con dez por expulsión do seu porteiro Cifuentes desde o minuto 30. Malia iso conseguiu adiantarse no marcador antes do descanso. Na segunda metade o Lugo foi o dono do partido e conseguiu empatar no minuto 80 cun gol de Carrillo.