CRTVG

Buscar

O Lugo solicita un ERTE para os xogadores, os técnicos e os empregados do club

Publicado o 07/04/2020 16:54

O Lugo anunciou este martes que solicitou un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) para o cadro técnico e de xogadores e o persoal do club, co obxectivo de "salvagardar o futuro" da entidade.

Nun comunicado, o club que preside Tino Saqués sinala que "debido á situación excepcional" pola "crise sanitaria" da COVID-19 "moitas actividades víronse afectadas e outras se atopan practicamente paralizadas na súa totalidade". "O C. D. Lugo non é alleo a esta crúa realidade, e nunha situación tan grave como esta, vémonos obrigados a tomar decisións tan complicadas como necesarias para garantir a viabilidade da entidade así como a conservación dos postos de traballo", asegura.

Noticias web

07/04/2020