CRTVG

Buscar

O Lugo segue traballando na busca de reforzos

Publicado o 24/07/2019 16:47

Eloy Jiménez non se inquieta. Sabe que, máis tarde que cedo, as fichaxes que o equipo precisa acabarán chegando. A cuestión económica tamén dificulta as xestións, pero a dirección deportiva ten moi claro cales son as prioridades. Iso si, hai que ter paciencia.

"Isto vai lento, ás veces parece que se acelera, outras veces frea..., hai que ter paciencia. Sabemos que somos un club que nos costa firmar, hai 16 ou 17 equipos que van fichar antes ca nós, salvo que un xogador aposte polo Lugo. Estamos en negociacións, pero ata que se peche non hai nada claro", di Manolo Mandiá, director deportivo do C. D. Lugo.

Noticias web

24/07/2019