CRTVG

Buscar

O Lugo quere acadar diante do Huesca o primeiro triunfo da temporada

Publicado o 12/09/2021 15:39

Na segunda división, o Lugo pecha a xornada hoxe ás nove, diante do Huesca. Os galegos aínda non deron gañado un partido, pero suman tres puntos logo doutros tantos empates. Urxe acadar esa primeira vitoria, diante dun dos candidatos ao ascenso, que suma dúas vitorias e dúas derrotas. O seu técnico coñece os perigos do Lugo, pero avisa do potencial do seu equipo.

Noticias web

12/09/2021