CRTVG

Buscar

O Lugo saca adiante a Xunta Xeral e agarda outro ano incerto no eido económico

Publicado o 29/12/2020 21:40

O presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, sacou adiante cunha amplísima maioría o balance da súa xestión na Xunta Xeral de Accionistas.

As contas da 19-20 deixaron un balance negativo duns 17.000 euros, atribuídos á influencia da pandemia. Para esta temporada agarda ter uns 9 millóns de euros de presuposto pero a realidade da situación fai que o Consello deba racionalizar o gasto en previsión dun descenso importante dos ingresos.

Tamén se trataron as reformas do Anxo Carro nas que se investiron máis dun millón de euros entre as torres de iluminación e o cambio de céspede.