CRTVG

Buscar

O Lugo presenta as súas fichaxes no Enma Cuervo (18 horas, crtvg.gal)

Publicado o 31/07/2021 12:55

O Lugo xoga esta tarde contra o Oviedo o trofeo Enma Cuervo (18 horas), un dos clásicos do verán diante do que será o seu primeiro rival na liga a mediados do mes de agosto. 

Rubén Albés xa comezará a perfilar un equipo que conta con tres novidades e que agarda catro incorporacións máis antes de rematar o prazo de fichaxes. 

O último en ser presentado foi Juan Antonio Ros, de 25 anos. Será a súa estrea na Segunda División. Centrocampista que tamén pode xogar como central, unha posición que ocupou ás ordes de Albés no Celta B. 

Noticias web

31/07/2021