CRTVG

Buscar

O Lugo perde o segundo amigable da pretemporada diante do Pafos chipriota

Publicado o 24/07/2021 22:49
O Lugo perde o segundo amigable da pretemporada diante do Pafos chipriota

O Club Deportivo Lugo perdeu por 1-0 no segundo amigable da pretemporada diante do Pafos da Primeira División de Chipre. O único gol do partido chegou aos dous minutos, anotado polo finés Valakari. 

O equipo de Albés comezou con: Fieites, Pita, Alberto Alende, Campabadal, Lebedenko, Seoane, Hugo Rama, Chris Ramos, Manu Barreiro e Mayoral. Na segunda metade mudou case todo o equipo e entraron: Varo, Torres, Alende, Vesprini, Torrado, Lebekendo, Borja Domínguez, Juanpe, Valentín, Carrillo e Leandro.