CRTVG

Buscar

O Lugo perde 1-2 coa Ponferradina no primeiro partido da pretemporada

Publicado o 26/08/2020 17:16

Con dous goles de Kaxe, que anotou o segundo gol desde os once metros nos minutos finais, a Ponferradina estreouse con triunfo na pretemporada ante o Lugo no amigable que disputaron no campo do Ceao.

O 'derbi dos Ancares' abriu a quenda de amigables para galegos e bercianos pouco máis de dúas semanas antes da data que estableceu a Liga para o inicio do novo curso.

No cadro local, Juanfran García aliñou a Borja Domínguez, recuperado da grave lesión de xeonllo que se produciu nun adestramento á volta da parada de Nadal, e formou de inicio tamén cunha das dúas incorporacións desta tempada, o defensa Diego Alende.

 

 

 

Noticias web

26/08/2020