CRTVG

Buscar

O Lugo pensa xa nas Palmas logo de perder na casa ante o Sabadell

Publicado o 29/03/2021 21:30

A derrota de onte mete o Lugo en zona perigosa, a cinco puntos do descenso. Aínda que axiña ten unha ocasión para mellorar, este xoves, nas Palmas. Un partido entre semana para esquecer a mala imaxe dada ante o Sabadell.

Luis César ten motivos para unha análise profunda. O Lugo encadea nove xornadas sen gañar, catro na súa etapa. Un pobre balance: dous puntos en dous empates, só un gol a favor e dous en contra. Ademais, recolle a primeira derrota no Anxo Carro dende outubro.

Noticias web

29/03/2021