CRTVG

Buscar

O Lugo mira cara ao Málaga sen Campabadal nin Jaime Seoane

Publicado o 21/06/2020 20:03

Tres accións condicionaron a derrota do Lugo nas Palmas e, de paso, o encontro do martes ante o Málaga, considerado decisivo polo técnico Curro Torres. A primeira delas, a expulsión de Campabadal, ao ver dous cartóns en oito minutos, que lle vai impedir xogar ante os andaluces.

A segunda, o penalti errado por Cristian Herrera, que suma dez xornadas sen marcar. O gol de Rubén Castro tras unha espectacular xogada de Pedri acabou coa resistencia dun Lugo, que, como di o seu adestrador, non se rende.

O que non vai estar o martes con Curro Torres por acumulación de amonestacións e Jaime Seoane, que viu ante As Palmas o seu quinto cartón amarelo.

Noticias web

21/06/2020