CRTVG

Buscar

O Lugo mellora e pensa xa no inicio de liga

Publicado o 08/08/2021 13:26

O inicio de liga vese cunha perspectiva máis agradable logo do convincente partido prOtagonizado polo Lugo diante do Sporting. Non deixaba de ser un amigable, o último da temporada, pero a imaxe de anteriores compromisos obrigaba a unha inxección de optimismo.

E nesa liga, Lugo e Sporting poden presentarse con onces cas e calcados aos de Viveiro. Nos galegos salientou Chris Ramos, que anotou o primeiro ao rematar un córner executado por Hugo Rama. Os asturianos respostaron cun balón ás costas da defensa que serve para que marque Gaspar Campos. O partido decidiuse nun penalti, sen discusión, de Mariño a Alende. Carrillo converteuno. Nos últimos mintos, salientou a estrea de Josep Señé e pouco máis. Fichaxes aparte, remataron as probas. En breve comeza o serio, cunha meta única e clara.

E os primeiros puntos, xa nunha semana, en Oviedo.

Noticias web

08/08/2021