O Lugo logra a cesión do lateral dereito do Granada Ricard Sánchez
Publicado o 01/09/2021 08:59
O Lugo tamén apurou ata o final para fichar a Ricard Sánchez, o lateral dereito que buscaba. E onte pola tarde xa foi presentado no Anxo Carro. Lateral de 21 anos, formado na canteira do Atlético de Madrid, o ano pasado estreouse co primeiro equipo en liga e marcou un gol na Copa do Rei. Chega a Lugo cedido polo Granada ata o 30 de xuño.