CRTVG

Buscar

O Lugo incorpora a Joselu pensando nalgún reforzo máis antes do debut no Tartiere

Publicado o 10/08/2021 11:19

Señé: "O obxectivo é a salvación e mellorar os resultados dos últimos anos"

E volve ao Anxo Carro Joselu Moreno, un dianteiro desexado polo cadro técnico do Lugo. Chega cedido dende o Tenerife, onde non entraba nos plans de Ramis. Joselu vestira en dúas tempadas anteriores a camisola albivermella, na 15-16 e na 16-17, nesta última fora pichichi da Liga con 23 goles.

O Lugo abre tempada o domingo no Carlos Tartiere ante o Oviedo. O obxectivo é evitar agobios de campañas pasadas. Para amarrar a salvación canto antes. Así o aseguraba a última incorporación antes de Joselu Moreno, Josep Señé, ex do Celta, futbolista polivalente e con experiencia na categoría.

Malia isto, o director deportivo dos albivermellos, Mauro Pérez, segue pensando na fichaxe dun central e dun lateral que apuntale o cadro de xogadores de Rubén Albés esta temporada.

O Lugo acaba de anunciar que o mediocampista Borja Domínguez non seguirá no conxunto albirvermello a vindeira temporada.

Noticias web

10/08/2021