CRTVG

Buscar

O Lugo ficha o ex-celeste Juan Ros por dúas temporadas

Publicado o 25/06/2021 14:05

Chega procedente do Vilarreal e coincidira con Albés no filial do Celta

Un futbolista que regresa a Galicia: Juan Antonio Ros. O xogador murciano xogou catro temporadas no filial do Celta e coincidiu con Rubén Albés no cadro celeste.

Con Albés xogou corenta e catro partidos seguidos no Celta B. Ros ten vinte e cinco anos, pasara pola canteira do Barcelona e agora procede do filial do Vilarreal. Tamén xogou no Cartaxena.

Ros actúa como centrocampista ou como defensa central.

Noticias web

25/06/2021