CRTVG

Buscar

O Lugo enfrontarase ao Spórting no segundo partido de preparación

Publicado o 29/08/2020 13:16

O Lugo segue avanzando na súa pretemporada. Mañá xoga un novo amigable diante do Spórting de Xixón, partido que poderemos ver na G2, e que servirá para incidir nos conceptos que quere Juanfran.

O adestrador deseña un equipo forte e equilibrado, que poida adaptarse ás distintas situacións en que se atope no campo e que teña ben interiorizados os mecanismos tácticos. Pero, ao tempo, estamos en pretemporada polo que hai que repartir os minutos. As pernas pesan pero os xogadores cargánse de enerxía para o comezo da temporada.

O Lugo segue co cadro de xogadores a medio facer, faltan varios reforzos por chegar pero non hai présa, a dirección deportiva traballa en varias opcións para reforzar o equipo e tamén se confía no filial.

Noticias web

29/08/2020